Uso de Cookies

Nas Webs de SELAE empregamos cookies tanto propias coma de terceiros para mellora-la túa experiencia de usuario, realizar análises estatísticas e ofrecerche información de interese. Se continúas a navegar, entenderemos que aceptas o seu uso. Se necesitas máis información ou queres saber como rexeitalas ou eliminalas, fai clicaquí.

Sociedade Estatal Loterías y Apuestas del Estado

A sociedade estatal Loterías y Apuestas del Estado, S.M.E., S.A., adscrita ao Ministerio de Facenda, créase mediante o Real Decreto-lei 13/2010, do 3 de decembro de 2010, que reordena a actividade da entidade pública empresarial Loterías y Apuestas del Estado (LAE). O devandito Real Decreto especifica que os estatutos sociais da Sociedade, así como o seu órgano de administración, serán aprobados polo Consello de Ministros antes do 31 de marzo de 2011.

O capital social da entidade está composto pola rama de actividade relacionada cos xogos de ámbito estatal, incluíndo todos os activos e pasivos, bens e dereitos, así como os títulos habilitantes que ata agora eran de titularidade da entidade pública empresarial Loterías y Apuestas del Estado; inclúe a totalidade dos dereitos e obrigas en relación cos puntos de venda e delegacións que, en virtude da disposición adicional trixésimo cuarta da Lei 26/2009, do 23 de decembro, de PXE para o ano 2010, séguelles sendo de aplicación transitoria a normativa administrativa, manténdose en vigor a totalidade das garantías recollidas na citada disposición.

Corresponde á Sociedade Estatal Loterías y Apuestas del Estado a xestión exclusiva dos xogos de titularidade estatal.

Redes sociaisPlegar/Desplegar
  • Síguenos en... :

    • A través de RSS
    • No Facebook
    • No Twitter
    • Na nosa canle Youtube
  • Engadir aos meus favoritos :

    • Engadir aos meus favoritos
    • Agregar a favoritos de del.icio.us
    • Agregar a favoritos do Google Bookmarks
  • Valorar a nosa web :