Os ODS en España

 

Os ODS en España

 

España está firmemente comprometida coa visión, espírito e posta en marcha da Axenda, coa vontade de converter os ODS nunha realidade, e así o están mostrando a cidadanía española, a súa sociedade civil, multitude de empresas, universidades, sindicatos, CC. AA. e GG. LL.

O actual goberno creou un Alto Comisionado para a Axenda 2030, que depende directamente do presidente do Goberno, e un Alto Comisionado para a Pobreza Infantil. Creouse o Ministerio de Transición Ecolóxica, aglutinando as competencias de enerxía e de medio ambiente e cambio climático.

España desenvolveu un Plan de Acción, que impulsa de forma inmediata novas políticas, medidas, gobernación e métodos de traballo e que conducirá, como un dos seus principais resultados, á adopción dunha Estratexia de Desenvolvemento Sustentable 2020-2030, que represente un proxecto de país compartido amplamente e desde unha visión de Estado. Unha estratexia cuxa elaboración, deliberación e negociación debe arrincar de forma inmediata e que debe tratarse, necesariamente, de forma participativa e sosegada, nos próximos meses.

Unha España que alcanzase os ODS en 2030 será o país co cal todos e todas soñamos. Por iso, a Axenda 2030 está xa no centro da visión de Estado e da acción de Goberno. Representa unha forma de actuar no mundo. Para alcanzar as metas de cada Obxectivo TODO O MUNDO ten que facer a súa parte: os gobernos, o sector privado, a sociedade civil e persoas coma TI.