Réxime xurídico e funcións

régimen jurídico y funciones

A Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado, S.M.E., S.A. é unha sociedade do 'Grupo Patrimonio',  dependente da Dirección Xeral do Patrimonio do Estado, adscrita pola súa parte ao Ministerio de Facenda e Función Pública, que se crea mediante o Real decreto-lei 13/2010, do 3 de decembro de 2010, que reordena a actividade da entidade pública empresarial Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado, S.M.E., S.A. (SELAE). Ten forma xurídica privada.

Funcións da SELAE:

Corresponden a SELAE as funcións seguintes:

  • A xestión, explotación e comercialización das loterías e xogos de ámbito nacional nas súas distintas modalidades, e en todo caso sempre que afecten un territorio superior ao dunha comunidade autónoma.
  • A xestión, explotación e comercialización das apostas mutuas deportivo-benéficas, en calquera das súas modalidades, así como calquera outros concursos de prognósticos mutuais e benéficos que se realicen sobre resultados de eventos deportivos.
  • A xestión, explotación e comercialización daqueloutros xogos que sexan competencia do Estado e, así mesmo, cando o autorice expresamente o Ministerio de Economía e Facenda, dos correspondentes ás comunidades autónomas ou outros países, logo do acordo oportuno na devandita materia.
  • A valoración comercial dos locais propostos polos participantes nos procedementos para a adxudicación de administracións de Loterías e en xeral dos puntos de venda da súa rede comercial.
  • A realización de cantas actividades e servizos relacionados cos xogos lle sexan encomendados.