Os dez consellos de ouro para un xogo responsable

Os dez consellos de ouro para un xogo responsable

Lembra que debes xogar con sentido común e responsabilidade, para asegurarte de que o xogo sexa sempre un entretemento. Presentámosche os seguintes consellos que se deben seguir:

  • O xogo debe ser para ti só un modo de entretemento saudable.
  • Non esquezas que se xogas, tamén podes perder.
  • Non gastes máis diñeiro do que te poidas permitir.
  • Fíxate un presuposto e non o superes.
  • Nunca pidas diñeiro prestado para poder xogar.
  • Non xogues para recuperar o diñeiro que xa perdiches xogando.
  • Modera o tempo que dedicas ao xogo, equilibrándoo con outras actividades de lecer.
  • Non deixes que o xogo interfira na túa profesión ou nas túas responsabilidades cotiás.
  • Lembra que o xogo non é o máis importante na túa vida. Non deixes que afecte á túa vida familiar ou á relación cos teus amigos.
  • Se o xogo che produce estrés, ansiedade ou problemas de saúde, deberías deixar de xogar.