A Sociedade Estatal Loterías y Apuestas del Estado (SELAE), en sintonía coas Directrices de Xogo Responsable establecidas polo Consello de Dirección da SELAE con data do 1 de setembro de 2008, e en estrito cumprimento co artigo 6.2.a) da Lei 13/2001, do 27 de maio, de regulación do xogo, informa da prohibición de participar nos xogos da SELAE ás persoas menores de 18 anos, tanto nos puntos de venda da rede comercial como en loteriasyapuestas.es
Para garantir o cumprimento desta política, SELAE está totalmente comprometida co control da veracidade dos datos proporcionados polas persoas participantes en liña, mediante os mecanismos de verificación habilitados e esixidos pola Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo.
En canto ás medidas técnicas para minimizar o risco de acceso indebido por parte de menores mediante a conta dunha persoa adulta, proporcionamos aos nosos usuarios rexistrados a información adecuada para garantir a confidencialidade dos contrasinais. Ademais, nesta web non está permitido o uso de opcións de gardado automático do contrasinal que poidan permitir a conexión inmediata e non verificada de menores con contas pertencentes a persoas adultas.
SELAE conserva un rexistro de todos os intentos de acceso, tanto se se realizan con éxito como se non, para a súa posterior auditoría.
Para máis información sobre a Xestión Responsable do Xogo en SELAE consulta aquí
Poderás atopar información sobre a Xestión Responsable do Xogo en loteriasyapuestas.es aquí.