Política e Principios
En todas as súas operacións e actividades, Loterías ten un firme compromiso co Xogo Responsable, baseado na seguinte política e principios:
Política de xogo responsable
- Cumprir coa lexislación en materia de xogo e xogo responsable, así como outros compromisos que SELAE asine de forma voluntaria.
- Implantar todos os mecanismos, tanto preventivos como operativos, ao noso alcance para evitar a venda de xogos a menores.
- Deseñar e implantar xogos que teñan un perfil baixo de risco de xogo problemático.
- Promover unha cultura de Xogo Responsable en SELAE, a través da formación dos empregados, axentes de punto de venda e delegados, así como da actuación ética e responsable dos profesionais de SELAE co obxectivo de minimizar un posible impacto negativo xerado polo xogo.
- Deseñar e implantar mecanismos que permitan aos nosos participantes ter control sobre o seu xogo.
- Impulsar a implantación de mecanismos de prevención e detección de comportamento de xogo de risco nos nosos participantes, implementando medidas oportunas nos nosos canais de venda, así como realizar o seguimento adecuado para previr estes comportamentos.
- Promover o xogo responsable en todas as nosas accións comunicativas.
- Promover estudos que nos permitan coñecer o impacto dos xogos nos nosos participantes e mellorar o noso modelo de Xogo Responsable.
- Promover unha publicidade responsable dos nosos xogos, que estea alineada coa legalidade vixente, o noso modelo de xogo responsable e os nosos valores.
- Proporcionar ao cidadán información precisa e adecuada para que poida realizar de forma razoable e moderada as súas actividades de xogo, promocionando actitudes de Xogo Responsable.
- Apoyar iniciativas que contribúan a impulsar o Xogo Responsable e a minimizar o impacto que algúns xogos poidan ter en persoas vulnerables.
- Fomentar a axuda ás persoas con problemas co xogo a través de centros públicos ou entidades declaradas de ben público.
- Informar de maneira transparente sobre os resultados e actuacións de Xogo Responsable realizadas.
- Promover a mellora continua no noso modelo de Xogo Responsable de SELAE.
- Poñer a política de Xogo Responsable á disposición de todas as partes interesadas.
Principios
- Incorporar mecanismos para evitar o acceso indebido ao xogo por parte dos menores.
- Fomentar a integridade e a colaboración na loita contra o xogo ilegal.
- Identificar as mellores prácticas respecto ao Xogo Responsable.
- Introducir o Xogo Responsable como parte integral das súas operacións, establecendo regras claras co fin de asegurar o cumprimento da normativa aplicable e protexer os intereses dos xogadores e grupos vulnerables.
- Fomentar investigacións e/ou estudos co fin de contribuír á comprensión por parte da sociedade do impacto social do xogo, comunicando os seus resultados aos grupos de interese.
- Proporcionar ao público información precisa e adecuada para que poida facer unha selección razoable das súas actividades de xogo, promocionando actitudes de Xogo Responsable.
- Facilitar formación e información en materia de Xogo Responsable aos empregados de SELAE e implementar programas para os Axentes de Venda.
- Informar aos xogadores e Axentes de Venda sobre Centros Especializados de Axuda ou Asociacións en caso de xogo excesivo.
- Mellora continua nos seus programas de Xogo Responsable.