Asociación Europea de Lotarías e Totos do Estado (AELTE)

A Asociación Europea de Loterías e Totos do Estado (AELTE) – ou simplemente Lotarías Europeas (E.L, European Lotteries) xurdiu en maio de 1999 como resultado da fusión entre a Asociación Europea de Lotarías e Lotos do Estado (AELLE) e a Sección Europea de INTERTOTO. O seu principal obxectivo é promover a cooperación entre os membros da asociación.

Os principios fundamentais da asociación resúmense en:

  • Promover a cooperación entre os membros da asociación, a industria do xogo europeo e internacional, as institucións da Unión Europea e os distintos gobernos europeos.
  • Proporcionar aos seus membros información precisa e soporte eficaz.
  • Establecer un foro de intercambio de experiencias técnicas, educativas e información.
  • Cooperar coa W.L.A. e outras asociacións rexionais de lotaría e compañías de apostas deportivas.

As decisións de EL adóptanse na Asemblea Xeral da asociación, que se celebra cada dous anos. Ademais, o Comité Executivo (do que forma parte o Director Xeral do LAE) reúnese, como mínimo, unha vez ao ano.

*Máis información na páxina web oficial da AELTE.