Os dez consellos de ouro para un xogo responsable
Lembra que debes xogar con sentidiño e responsabilidade, para asegurarte de que o xogo sexa sempre un entretemento. Presentámosche os seguintes consellos a seguir:
- O xogo debe ser para ti só unha forma de entretemento saudable.
- Non esquezas que se xogas, tamén podes perder.
- Non gastes máis diñeiro do que te poidas permitir.
- Márcate un orzamento e non o superes.
- Non pidas nunca cartos prestados para poder xogar.
- Non xogues para recuperar o diñeiro que xa perdiches xogando.
- Modera o tempo que dediques ao xogo, equilibrándoo coas túas outras actividades de lecer.
- Non deixes que o xogo interfira no teu traballo nin nas túas responsabilidades cotiás.
- Lembra que o xogo non é o máis importante da túa vida. Non deixes que afecte á túa vida familiar nin ás túas amizades.
- Se o xogo che produce estrés, ansiedade ou problemas de saúde, deberías deixar de xogar.