De acordo co disposto no Real Decreto 176/2023, do 14 de marzo, para o desenvolvemento de contornas de xogo máis seguras, establécense dous modelos para a detección de participantes con comportamentos problemáticos:
Modelo de detección:
Considérase participante cun patrón de comportamento intensivo aquel que rexistre durante tres semanas consecutivas perdas netas semanais iguais ou superiores a:
Cálculo da perda neta semanal:
Partese do saldo inicial da conta (Lotobolsa) ao comezo da semana (00:00 horas do luns), máis os depósitos realizados e premios obtidos durante a semana, menos as apostas xogadas, retiradas de diñeiro da conta e o saldo final ao peche da semana (24:00 horas do domingo).
Limitacións aplicables:
Os participantes detectados con comportamento intensivo teñen prohibido depositar fondos mediante tarxetas bancarias (crédito/débito). Esta restrición aplicarase nun prazo máximo de 72 horas tras finalizar a semana na que se producise a detección.
Perda da condición de xogador intensivo
Esta condición perderase cando transcorran seis semanas consecutivas sen que, en ningunha delas, se supere o límite de perdas semanal indicado.
Comunicacións ao xogador con comportamento intensivo
Ao detectarse esta condición, o participante será notificado conforme ao artigo 19 do RD 176/2023, incluíndo información detallada sobre o seu estado. Durante o tempo no que manteña a condición de xogador intensivo, recibirá un resumo mensual da súa actividade de xogo dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte. Este resumo mensual enviarase, cando menos, ata o mes posterior á perda desta condición.
Cando o participante deixe de ser catalogado como xogador intensivo, recibirá un correo notificándolle a situación e a eliminación das restricións aplicadas.
Modelo de detección:
Considérase que un participante presenta un patrón de comportamento de risco cando, tendo sido previamente catalogado como intensivo, incorre nalgunha das 6 semanas posteriores a esa catalogación inicial nunha perda neta semanal igual ou superior a:
Cálculo da perda neta semanal:
O cálculo da perda neta semanal é idéntico ao descrito no modelo de xogo intensivo.
Limitacións para participantes con comportamento de risco:
Suspensión temporal da conta de xogo durante 12 semanas nas que non poderá participar
NON recibirán promocións nin comunicacións comerciais por ningún medio.
Perda da condición de xogador de risco
A condición de xogador de risco perderase automaticamente tras transcorrer doce semanas desde a súa comunicación como xogador de risco.
Comunicacións ao xogador con comportamento de risco.
Cando o participante sexa detectado con comportamento de risco, será notificado por correo, informándolle da suspensión da súa conta e de toda a información establecida no RD 176/2023.
Así mesmo, indicaráselle a posibilidade de presentar queixas ou reclamacións conforme aos termos previstos nos apartados 1.c) e 3 do artigo 15 da Lei 13/2011, do 27 de maio, dispoñible en Contacto - Loterías y Apuestas del Estado (loteriasyapuestas.es)
Cando o participante deixe de ter esta condición, recibirá igualmente un correo notificándolle a eliminación de todas as restricións anteriormente mencionadas.