Uso de Cookies

Nas Webs de SELAE empregamos cookies tanto propias coma de terceiros para mellora-la túa experiencia de usuario, realizar análises estatísticas e ofrecerche información de interese. Se continúas a navegar, entenderemos que aceptas o seu uso. Se necesitas máis información ou queres saber como rexeitalas ou eliminalas, fai clicaquí.

Protección de menores

Protección a menores

A prohibición do xogo a menores de 18 anos é unha prohibición legal, establecida na lei 13/2011, do 27 de maio de Regulación de Xogo. Para cumprir coa devandita lei, SELAE estableceu medidas, quer presenciais, quer na venda por Internet.

Os xogos de SELAE destínanse ás persoas maiores de 18 anos.

Medidas establecidas

SELAE informa da prohibición do xogo a menores, quer presencial, quer por Internet e en todas as súas accións publicitarias.

As medidas establecidas no punto de venda presencial son: Disposición en lugar visible dun logo que indica a prohibición de xogar a menores e a prohibición de venda a menores polos axentes da nosa rede comercial.

As medidas establecidas na canle en liña (loteriasyapuestas.es) son: Disposición en lugar visible dunha icona onde se lles indica a prohibición de xogar aos menores. O rexistro para poder xogar en liña controla a idade do xogador e, se é menor de 18, non lle permite rexistrarse e, polo tanto, xogar. En SELAE garantimos o control da exactitude dos datos facilitados polos participantes da canle en liña, a través dos mecanismos de verificación habilitados e requiridos pola Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo. Co fin de impedir o acceso de menores de idade coa conta dun adulto, proporcionamos información para garantir a confidencialidade dos contrasinais, ademais de impedir a opción de gardar automaticamente os contrasinais dun usuario coas cales unha persoa menor de idade puidese acceder a unha conta.

En todas as accións publicitarias de SELAE indícaselles a prohibición de xogar aos menores.

Sinais

Os menores son máis vulnerables no xogo porque teñen un menor control dos seus impulsos e unha menor percepción do risco. Ademais, teñen unha maior crenza de que os seus coñecementos lles permiten predicir os resultados e obter unha rápida ganancia.

Debemos ter en conta algúns dos seguintes sinais para alertarnos de que o menor presenta algún problema co xogo: 

  • Diminución do rendemento escolar.
  • Centrado nos resultados da competición máis que no deporte.
  • Xoga en Internet durante moito tempo.
  • Irritabilidade ou ansiedade constantes coa familia.
  • Gasto de diñeiro continuo.
  • Desaparición de diñeiro no lar.

 

Información sobre a existencia de mecanismos de control parental.

Se o seu ordenador pode ser utilizado por menores, convén que tome precaucións e que instale ferramentas de control parental nos seus equipos.

Arestora hai no mercado moitas ferramentas que permiten xestionar o control dos diferentes dispositivos que teñas (PC, móbil, tableta) para que os menores non poidan acceder a certos contidos, bloqueando o acceso a Internet, garantindo as restricións a certas webs e permitindo o seguimento dos accesos.

As ferramentas pode encontralas en Internet, en función do dispositivo do cal dispoña e sobre o que vaia realizar o control.

Redes sociaisPlegar/Desplegar
  • Síguenos en... :

    • A través de RSS
    • No Facebook
    • No Twitter
    • Na nosa canle Youtube
  • Engadir aos meus favoritos :

    • Engadir aos meus favoritos
    • Agregar a favoritos de del.icio.us
    • Agregar a favoritos do Google Bookmarks
  • Valorar a nosa web :