Enténdese por marco de xogo responsable ou, simplemente, xestión responsable do xogo, o conxunto de regras de actuación das loterías que se establecen co obxecto de garantir que os xogos sexan seguros para o público (en sentido amplo) e compatibles cos seus grupos de interese en xeral.
Primeira regra do xogo: +18 anos
SELAE, en sintonía coas Directrices de xogo responsable establecidas polo Consello de Dirección da SELAE do 1 de setembro de 2008, e en estrito cumprimento co artigo 6.2.a) da Lei 13/2001, do 27 de maio, de regulación do xogo, informa da prohibición de participar nos xogos da SELAE aos menores de 18 anos, tanto nos puntos de venda da rede comercial como en loteriasyapuestas.es. Para máis información consultar aquí
Puntos de venda da rede comercial de Loterías: En todos os puntos de venda da rede comercial están situados uns carteis informativos, en que se informa da prohibición de participar nos xogos da SELAE aos menores de 18 anos, tal e como establece a Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo. Os devanditos carteis están situados na porta de acceso e nos portelos de atención ao público.
A SELAE promove un marco de xogo moderado e responsable, xa sexa no ámbito nacional ou en colaboración con outros países, a través dunha xestión orientada á satisfacción dos principais grupos de interese e revertendo os seus beneficios na sociedade.
Para iso, a SELAE ten uns valores fundamentais que definen a actividade de Loterías y Apuestas del Estado como entidade responsable da xestión dos xogos do Estado. Uns principios que a SELAE ofrece e que tamén lles demanda aos seus grupos de interese, e que garanten unha xestión responsable do xogo, e que son os seguintes:
Responsabilidade: crear, ofrecer, administrar e operar xogos dentro dun marco de xogo moderado e responsable, xa sexan de ámbito nacional ou internacional, en colaboración con outros países.
Transparencia, integridade e seguridade: na xestión dos ingresos, dos premios e de todas as actividades realizadas, co fin de manter e mellorar a confianza que ten a sociedade nos xogos de titularidade pública.
Rigor: na xestión e control da súa actividade operativa coa maior eficacia e eficiencia, e na loita contra toda práctica fraudulenta.
Compromiso: con todos os seus grupos de interese, tanto o Estado e os diferentes estados cos que colabora, así como cos cidadáns que participan nos xogos ofrecidos, os beneficiarios, os empregados, a rede comercial, os provedores e a sociedade en xeral.
Orientación ao participante: considerando a súa satisfacción como clave, e dedicando esforzos a lograr unha atención máis eficaz das súas necesidades, anticipándose a estas mediante produtos, servizos e canles de venda innovadores e orientando o foco de atención desde o produto cara ás necesidades dos participantes.
Moi particularmente, a xestión responsable do xogo en loteriasyapuestas.es, como canle de oficial de participación en liña, é un firme compromiso da SELAE; para iso articuláronse no sitio web as seguintes medidas:
Medidas de protección a menores
Accións preventivas contra o xogo en liña excesivo ou patolóxico:
Verificación do Rexistro Xeral de Interdicións de Acceso ao Xogo
Indicación do tempo dedicado ao xogo Fomento do xogo responsable
Test de autoavaliación do xogo responsable
Medidas que o participante pode adoptar para autolimitar a súa participación nos nosos xogos:
Autolimitación dos importes de carga e xogo en liña
Autoexclusión do servizo de participación en liña
Inscrición voluntaria no Rexistro Xeral de Interdicións de Acceso ao Xogo
Medidas para paliar os efectos nocivos do xogo:
Ligazóns a centros de axuda para xogadores problemáticos
[Se o desexas, podes consultar información máis detallada en relación coa xestión responsable do xogo en loteriasyapuestas.es aquí]